ROLDA DE PRENSA: Presentación dos resultados da investigación estratéxica ElkarOla


ROLDA DE PRENSA
ElkarOla: investigación estratéxica en tecnoloxías lingüísticas e
da fala
Asunto: Presentación dos resultados do estudo estratéxico
ElkarOla Día: 19 de xuño, luns
Hora: 10:30
Lugar: Sede central de Elhuyar (Zelai Haundi 3, Polígono Industrial Osinalde, 20170 Usurbil, Gipuzkoa)
Participantes:
- Josu Aztiria Urtaran, responsable da unidade de Lingua e Tecnoloxía de Elhuyar
- Estibaliz Alkorta Barragán, Directora de Promoción do Eúscaro do Departamento de Cultura e Política Lingüística do Goberno Vasco
- Iosu Madariaga Garamendi, Director de Tecnoloxía e Estratexia, Departamento de Desenvolvemento Económico e Infraestruturas do Goberno Vasco
- Igor Leturia Azkarate, responsable de tecnoloxías da fala de Elhuyar e coordinador do proxecto
ElkarOla é un proxecto realizado en colaboración entre Elhuyar, os grupos de investigación IXA e Aholkularitza da UPV e os centros tecnolóxicos Vicomtech-IK4 e Tecnalia. Este proxecto estratéxico bienal (2015-2016) contou coa subvención do Goberno Vasco, financiado en parte polo Departamento de Desenvolvemento Económico e Infraestruturas a través da convocatoria Elkartek e co apoio do Departamento de Cultura e Política Lingüística.
En ElkarOla, ademais da investigación básica, realízase tamén a investigación aplicada, dáse importancia á transferencia tecnolóxica e chégase a socializar e/ou comercializar ferramentas. Traballamos nos ámbitos de aplicación da fabricación avanzada, as biociencias e a saúde, e o territorio, especialmente a industria cultural e das linguas, pondo énfases nas áreas do RIS3 do Goberno Vasco.
Como mostra das posibles aplicacións das tecnoloxías traballadas no proxecto, desenvolvemos tres demos que presentaremos en rolda de prensa: un axente de diálogo paira o servizo de atención ao cliente no ámbito territorial, un buscador de termos e relacións sanitarias paira o ámbito das biociencias e a saúde, e un sistema de teleasistencia entre o experto e o operario paira o ámbito da fabricación avanzada tempo real. Máis
información